“Canta o cuco” representarase este domingo no Pazo da Cultura

O espectáculo músico-teatral “Canta o cuco” poderá verse este domingo, 7 de maio, no Pazo da Cultura. A compañía Urdime Propostas Culturais traerá a Narón esta obra, que amosa unha visión contemporánea dos versos do poeta lucense Manuel María, adaptados aos nenos e nenas do século XXI. A obra diríxese ao público familiar, a partir de cinco anos, e comezará a representarse a partir das 18.00 horas. O prezo das entradas, xa á venda na billeteira do Pazo, é de 9,50 euros para o público en xeral; 6,65 para aboados e desempregados e 5,50 para os menores de 14 anos.

Dous grandes da música galega, Magín Blanco e Uxía, compartirán escenario con Héctor Lorenzo, Santi Cribeiro e Inacio Vilariño. Música tradicional e folc, canción de autor, rock e pop son algúns dos temas que se combinarán cos poemas de Manuel María. O espectáculo ten unha duración de case unha hora, un tempo no que os espectadores gozarán da mistura de diferentes técnicas escénicas, como a música, os títeres e o traballo actoral, entre outras.

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …