«Teatro con G» arranca este martes no Teatro Jofre

O vindeiro martes 9 de maio, comezan as xornadas de Teatro con G, organizadas pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra con apoio do Concello de Ferrol, a través de Educación e Normalización, no que participan un total de 11 centros escolares con alumnado de diversas idades para representar 19 obras.

A intención é conseguir, por medio do teatro, máis espazos de socialización onde os meniños, os nenos e a mocidade se poidan desenvolverse na nosa lingua. Con este fin, haberá mostra de teatro profesional e de teatro escolar.

No teatro profesional, figuran grupos como Caramuxo Teatro, Os Ghazafelhos e Os Quinquillans para atender as demandas de Educación Infantil, Primaria, Educación Especial, e Secundaria, Bacharelato e Ciclos. As xornadas, explican desde a Coordenadora de Equipas, ten o seu remate en outubro cun recitado de poemas que enmarca o comezo dunha nova xeira no curso escolar.

A primeira será o martes 9, no teatro Jofre, de Caramuxo Teatro, con ‘Fabas Máxicas‘., de 10 a 12 horas para o alumnado de Infantil. Achegamos a programación completa do 9 de maio ao 26 de outubro, cos horarios, espazos e títulos das representacións.

Lea también

Neda, se convierte en epicentro cultural de Ferrolterra

La Casa de las Palmeras ha acogido la inauguración de la XIX edición de las …