Volve Miriam Casillas ás Series Mundiais en Yokohama

Miriam Casillas nunha proba – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas xa se atopa en Xapón para competir este sábado nas Series Mundiais de Yokohama.

No seu retorno ao máximo circuíto mundial, a pacense do Triatlón Ferrol recoñece a incerteza de volver medirse ás mellores triatletas do mundo aínda que teña competido o pasado mes de abril nun tríatlon cros no XTERRA de Grecia, colgándose o bronce.

A cita de Yokohama terá lugar sobre distancia olímpica –1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé. A proba dará comezo ás 3:00 horas na madrugada do venres ao sábado –en horario peninsular español-.

Lea también

El Triatlón Ferrol lucha por la permanencia en primera división

El equipo masculino del Triatlón Ferrol compite este fin de semana en Soria con la …