A ruta Irís-Santa Cruz que promove Cabanas trasládase ó vindeiro domingo 28

Parada durante una ruta – Felipe Galego

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, informou esta mañá de que a ruta de sendeirismo Irís-Santa Cruz celebrarase finalmente o domingo 28 de maio. Inicialmente estaba prevista para este domingo, pero cuestións de forza maior obrigaron ó Concello a aplazala unha semana.

Con ela inaugurarase o 28 o programa de rutas de sendeirismo que tradicionalmente promove o Concello para dar a coñecer e disfrutar do entorno natural do municipio. Partirá ás 10 horas da igrexa parroquial de Santo Estevo de Irís, e discurrirá polas parroquias de Irís e Santa Cruz. Non é preciso inscrición previa e é gratuíta.

Lea también

ENCE presenta o proxecto da súa pranta de Fibra Reciclada en As Pontes

Segundo as previsións que manexa Ence, na primeira fase xeraranse 100 empregos directos e preto …