Shakespeare protagonista da nova xornada teatral da Agrupación Instructiva Caamouco

Cartel do evento – Asociación Instructiva Caamouco

Xuño estréase con teatro na Agrupación Instrutiva de Caamouco. O grupo O Lar da Farsa visita o centro social da Tenencia con Hamlet, unha das obras máis representadas de William Shakespeare.

O colectivo teatral de Maniños (Fene) ofrecerá ao público unha versión «moi libre» do célebre texto do dramaturgo inglés, escrita por Pepablo Patinho. O grupo, dirixido por Quino Torres, está formado por once actores e actrices.

A cita terá lugar o vindeiro sábado 3 de xuño ás 20:00 horas. A entrada, como sempre, libre e de balde.

A actividade conta coa colaboración da ACRD O Pote de Maniños.

Lea también

Concierto por el 75 aniversario de la Filarmónica Ferrolana

Este jueves día 18 a las 20:30 horas en el Auditorio de Ferrol,  la Filármonica …