Cabanas propón este domingo unha ruta circular polas Fragas con saída de Irís

Parada durante una ruta – Felipe Galego

Os amantes da natureza teñen este domingo unha cita en Cabanas. O Concello, a través da Concellería de Deportes, invítaos a tomar parte nunha ruta circular polas Fragas con saída en Irís. Non é preciso inscrición previa e, as persoas interesadas tan só deben presentarse na igrexa parroquial de Santo Estevo ás 9,30 horas. Deste xeito, o Concello retoma as rutas de sendeirismo que tradicionalmente, coa chegada do verán, promove para dar a coñecer o entorno natural e o patrimonio arquitectónico do municipio.

Será unha ruta guiada de 11 quilómetros e duración estimada de catro horas. De dificultade moderada, discurrirá por treitos con desniveis de diferente dificultade. Tras a saída en Irís, tomará rumbo Valedoso para, despois, iniciar a baixada ó río Eume polo Barqueiro e regreso a Irís polo sendeiro que bordea o cauce.

Unha auténtica aventura e un bo plan para gozar da natureza en estado puro este domingo.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …