Asinado un convenio de colaboración en materia financieira entre o GALP-Ártabro Norte e Abanca

ABANCA vén de asinar un acordo de colaboración en materia financeira co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Norte, no marco da súa estratexia de apoio ao sector pesqueiro en Galicia. O banco canalizará esta alianza a través de ABANCA Mar, a súa unidade de negocio especializada na cadea de valor do mar.

O director de zona de ABANCA en Eume/Narón, José Ulfe Bugallo, e a presidenta do GALP Ártabro Norte, María Josefa Crespo Fraga, respectivamente, foron os encargados de rubricar, en Miño,  o acordo financeiro, que reafirma o compromiso do banco co tecido produtivo de Galicia e, especificamente, con estes grupos que operan na franxa litoral da comunidade.

Esta alianza permite impulsar o desenvolvemento da pesca, marisqueo e acuicultura galegos y difundir entre estes colectivos as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que xestiona a Xunta en colaboración con estes grupos sectoriais. ABANCA asinou nos últimos meses, co mesmo fin, acordos semellantes coa maioría dos GALP que operan na costa galega.

Oferta financeira adaptada

O protocolo asinado inclúe unha oferta financeira personalizada ao sector, orientada principalmente a facilitar o acceso ao crédito aos profesionais e beneficiarios das subvencións europeas. En circulante, oferta produtos como Credimar, un préstamo de ata cinco anos sen comisións; Anticipo Mar, para adiantar sen comisións o cobro de subvencións e impostos; ou Confir-Mar, para o financiamento de mareas, pagos de gasóleo, dereitos de pesca, etcétera.

Para o financiamento de investimentos, ABANCA pon a disposición deste colectivo produtos vantaxosos como o Préstamo Campaña Mar ou o Leasing Pesqueiro. Do mesmo xeito, a entidade financeira deseñou para este segmento outros produtos a medida como a Hipoteca Naval ou os seguros de transportes de mercadorías, buques, acuícolas ou de bateas, entre outros.

Esta alianza de ABANCA cos GALP súmase aos acordos que a entidade mantén con boa parte das confrarías de Galicia e as principais organizacións do sector no marco da súa estratexia de apoio ao sector primario. A través de ABANCA Mar, o banco pon a disposición do sector un crecente catálogo de produtos, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.
O GALP Ártabro Norte é unha asociación sen ánimo de lucro, entidade colaboradora da Consellería do Mar, para a xestión das axudas do Programa FEMP 2014 -2020 no seu territorio, que abarca os concellos de Narón, Ferrol, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne,

Estas axudas, entre outros obxectivos, están orientadas ao aumento do valor engadido, á creación de emprego, atracción de xóvenes e promoción da innovación, apoio á diversificación, impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental do terrritorio, incluídas operacións de mitigación do cambio climático, fomento do benestar social e do patrimonio cultural mariñeiro e investimentos turísticos…….

O prazo para solicitar estas axudas está aberto todo ano, rematando o prazo de presentación o 1 de marzo de 2020.
Máis información sobre estas axudas en canto a documentación, trámites…. visitar o seguinte blog: http://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …