O BNG de Ferrol considera que o goberno local de Ferrol toma por parvos aos veciños da cidade

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o goberno local de Ferrol toma por parvos ao veciños e veciñas da cidade cando se refire as propostas que está a manexar para abordar o desenvolvimento de servizos esenciasi para a cidade como o subministro eléctrico e cualifica o anuncio dun convenio coa FEMP para este servizo como a enésima ocurrencia do alcalde para evitar asumir directamente o control dos servizos básicos para a cidade.

O BNG «amosase sorprendido por este novo anuncio que coincide no tempo coa posta en marcha dun proceso de contratación externa tanto para o servizo de subministro como o de mantemento electrico e que se ven a sumar a proposta avanzada no seu día polo rexidor de someter a estudo esta constratación dentro da Mancomunidade de Concellos da Comarca».

O BNG «lembra o custoso que foi que o goberno local finalmente desistise de continuar coa contratatación do servizo de mantemento e subministro electrico que ía desenvolver o Partido Popular e que este goberno asumía e cualificaba de inevitábel a súa adxudicación e que desde aquela non para de facer anuncios falsos para o seu desenvolvimento como mancomunar o servizo ou agora este anuncio de convenio coa FEMP que chocan coa realidade que non é outra que a externalización da contratación deste servizo».

O feito é que este goberno pretende seguir privatizando o servizo de suministro e mantemeneto de instalacións eléctricas mediante un contrato ponte de 1+1 anos e que supón que nos atopemos no ano electoral de 2019 na mesma situación de desastre que nos deixou o PP en 2015

Lea también

Ferrol en Común insta a un acordo inmediato co consorcio polo servizo de incendios

Ferrol en Común considera «inadmisible que sabendo a data concreta de vencemento do actual convenio, …

Un comentario

  1. Xa sabemos que para listo, ti!!! Bueno hombre faltaría más.