Tres deportistas do Triatlón Ferrol disputan o campionato galego olímpico sen drafting

José Ferraces en competición – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol contará con Luis Rilo, Jose Ferraces e Antonio Filgueiras no campionato galego de tríatlon olímpico sen drafting que se dirime en Baiona este domingo.

Como amantes do tríatlon puro sen posibilidade de ir a roda no ciclismo, os deportistas locais mediranse a rivais da entidade de Pablo Dapena.

Por categorías, en Veteranos 2, Jose Ferraces é candidato ao podio se pode demostrar o seu nivel e Antonio Filgueiras non perderá a oportunidade de marcar un bo posto no autonómico.

O Tríatlon Atlántico de Baiona celebrarase este domingo desde as 9:00 horas en distancia olímpica sen drafting -1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé-.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …