Tarde Solidaria este sábado en Cabanas, a beneficio de AFAL

Actividade de AFAL – AFAL Ferrolterra

O pavillón de Lavandeira, en Cabanas, será escenario mañá sábado, 3 de xuño, da VIII Tarde Solidaria organizada por Cabanas Rural Asociación de Mulleres a beneficio de AFAL. Dará comezo ás 16,30 horas con entrada de balde e, no transcurso da mesma, venderanse rifas cuxa recadación se destinará á asociación. O programa, no que Cabanas Rural leva a traballar meses, inclúe exhibicións de baile a cargo da Escola de Boris Pico; música da tuna; demostracións en directo de traballos de manualidades e, como non, a creación dun cadro entre os maiores de AFAL e as mulleres de Cabanas Rural. Así mesmo, sortearanse unha morea de agasallos entre aqueles que merquen as rifas.

Ambas entidades confían en repetir a convocatoria de edicións pasadas, nas que se congregaron centos de persoas e invitan a todo o mundo a achegarse a Cabanas para pasar unha tarde divertida e, ó mesmo tempo, colaborar coa causa de AFAL.

Por último, Cabanas Rural agradece a extraordinaria implicación de empresas, pequenos negocios e grandes firmas, do Concello de Cabanas e de tantas persoas anónimas que fan posible o encontro. E, dende AFAL, agradécese moi especialmente todos os esforzos de Cabanas Rural e, sobre todo, o agarimo que sempre lles amosan.

Lea también

Neda impulsa varias jornadas de puertas abiertas en la escuela infantil Os Pelegríns

El Ayuntamiento de Neda promueve durante la próxima semana varias jornadas de puertas abiertas en …