Obradoiro de cociña en familia en Pantín

Foto de familia dos participantes – Concello de Valdoviño

O local social de Pantín foi escenario onte pola tarde dunha nova sesión do Obradoiro de Cociña en Familia organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Valdoviño.

Unha actividade gratuíta na que nais e pais con fillos e fillas de dous a seis anos realizaron unha sinxela receita e, amáis de divertirse, aprenderon as claves para unha dieta equilibrada.

A iniciativa estaba incluída no programa de actividades socioeducativas do Concello.

Lea también

Efectivos del GES de Ortigueira localizaron a una mujer que estaba desaparecida

Efectivos del Grupo de Emerxencias Supramunicipal-GES de Ortigueira lograron localizar a una vecina de esta …