Persoas con distintas capacidades elaboran camisolas para Moeche

Entrega das camisolas – Cedida

Camisolas para o Concello de Moeche e Libretas confeccionadas para Mercadona en agradecemento pola súa colaboración. Foron dúas das producións dos obradoiros de serigrafia e encadernación de Aspaneps, a Asociación de pais e nais de persoas con problemas psicosociais. Xentes con distintas capacidades demostraron que poden realizar materiais de alta calidade segundo se puxo de manifesto nos módulos de Perlío.

As camisolas serigrafiadas no obradoiro de Aspaneps utilizaránse para unha carreira que percorrerá este domingo as vias de Moeche, unha iniciativa «que reforza o noso proxecto de inserción sociolaboral a través do obradoiro do centro ocupacional de Fene» salientou o monitor Xabier Picos.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …