O Concello de Valdoviño invita ás familias a practicar ioga cos seus fillos e fillas

Instante de una sesión – AFAL Ferrolterra

As familias con nenos e nenas de tres a 12 anos poderán tomar parte na clase de ioga que o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado para mañá mércores, 14 de xuño. Celebrarase no local social de Meirás e dará comezo ás 17 horas cunha duración de 90 minutos.

O obxectivo da actividade é ofrecer diferentes técnicas e dinámicas de ioga, xogando co propio corpo, os sentidos e as emocións. Aínda queda algunha praza libre, lo que as familias interesadas poden chamar ó departamento municipal de Servizos Sociais para anotarse entre hoxe e mañá (981 48 70 41 ext.5).

Lea también

Andainas saudables organizadas polo centro de saúde de Pontedeume da ASF

Un total de 25 persoas estreaban as andainas saudables organizadas polo persoal sanitario do centro de …