Entrega de diplomas ós alumnos dos talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores en Valdoviño

Entrega de diplomas – Concello de Valdoviño

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño foi escenario do acto de entrega dos diplomas ós maiores que, nos últimos meses, tomaron parte nos obradoiros de estimulación cognitiva do Concello. A concelleira de Cultura, Jessica Sabín, era a encargada de facer os honores a semana pasada, aproveitando a participación dos alumnos e alumnas no programa “Lecturas compartidas”. Precisamente, nesta última sesión do proxecto os maiores compartiron cos nenos e nenas de terceiro curso de Primaria do CPI Atios as súas experiencias en torno ás diversións na súa xuventude. Un dos temas abordados nos talleres de estimulación cognitiva.

Estes celebráronse ó longo do presente curso nas parroquias de Valdoviño, Meirás e Vilarrube e foi una actividade completamente gratuíta para os participantes coa que se buscaba exercitar e estimular a mente.

Os talleres de estimulación cognitiva, que formaban parte do programa Envellecemento Cero, estiveron cofinanciados pola Deputación provincial da Coruña e neles traballáronse os diferentes tipos de memoria –visual, espacial, a curto e longo prazo-; a lecto-escritura ou a orientación espazo-temporal. E, todo, a través de fichas, a oralidade ou material didáctico.

Lea también

As Pontes renova os convenios con Aspanaes e a Residencia A Magdalena

O Concello das Pontes renovou este lunes 22 os convenios de colaboración con Aspanaes e …