Comeza a temporada de vixiancia e socorrismo con 44 efectivos nas 8 praias aptas para o baño

Playa de Esmelle

O Concello de Ferrol iniciaba este mediodía a tempada estival de salvamento e socorrismo nas praias do municipio aptas para o baño. Os 44 efectivos seleccionados (43 socorristas e un coordinador) asinaron xa os seus contratos laborais por un período de tres meses, ata o 14 de setembro, coas retribucións acorde o convenio e dereito a 6 días de vacacións e un de asuntos propios, con horario de luns a domingo de 12 a 20:00 horas.

A selección e contratación dos efectivos fíxose de forma directa, a través do departamento de Recursos Humanos, cunha convocatoria pública de emprego. Por segundo ano consecutivo, o Goberno local realiza a xestión directa do servizo, ampliando un mes o tempo de servizo con respecto ao 2014, e ampliando o número de efectivos.

O reparto de efectivos por praias é o seguinte:

– A Graña: 3

– Penencia: 5

– Doniños: 11

– San Xurxo: 5

– Esmelle: 5

– A Fragata/Vilar: 8

– Santa Comba-Marmadeiro: 3

– Ponzos: 3

Está previsto reforzar o servizo de Doniños e Esmelle, sumando un socorrista en cada unha das praias, toda vez que se cubran os dous postos vacantes a través dunha nova convocatoria pública de emprego para aqueles candidatos que cumpran cos requisitos e non puideron concorrer a primeira oferta.

As catro praias que lucirán neste verán o distintivo de Bandeira Azul que certifica a súa calidade ambiental terán completos todos os servizos nesta fin de semana e quedan pendentes reparar ou completar os pasareas -pasarelas de madeira que facilitan a accesibilidade- e a colocación dos letreiros informativos nas dos litoral. Traballase no acondicionamento das praias urbanas de Caranza, A Cabana, A Graña , Cariño e San Felipe.

O importe que o Goberno local destina ao acondicionamento das praias este verán 2017 suma 31.460 euros en dous contratos menores para a reparación dos elementos danados nas praias e a instalación de elementos (casetas,..) publicados na web municipal.

Desde hoxe mesmo, a limpeza dos areais será manual, preferentemente, e diaria. Técnicos municipais e representantes da SGHN visitaron hoxe algunhas das praias para determinar como proceder nesta tarefa respectando os espazos dunares. Acordouse que o tractor recolector será un apoio puntual no espazo intermareal.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …