Oito medallas para o Ximnasia Artística Ferrolterra no Campionato Galego Escolar

Equipo Nivel 2 – Concello de Fene

O club Ximnasia Artística Ferrolterra, de Fene, continúa sumando éxitos e premios. Os últimos, no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística Feminina que tivo lugar o pasado sábado na cidade da Coruña e no que participaron perto de 150 ximnastas.

Tralos brillantes resultados que conseguiu o Ximnasia Ferrolterra no recente Campionato Galego de Ximnasia Artística (no que sumou 25 medallas), neste Campionato Galego Escolar, as ximnastas do club fenés acadaron un total de oito medallas e o subcampionato no nivel 1 (ximnastas de 6-7 anos) por equipos.

As ximnastas do Club Ximnasia Artística Ferrolterra que subiron ao podio no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística Feminina 2017 foron:

CATEGORÍA Escolar Nivel 1 (6-7 anos)

– Leire Mardara: Medalla de prata en Salto

– María Fuentes: Medalla de ouro en Barra de equilibrio, Medalla de bronce en Salto e Medalla de bronce na clasificación Xeral (suma da puntuación dos catro aparatos)

– Na clasificación por Equipos foron subcampionas no Nivel 1

CATEGORÍA Escolar Nivel 2 (8-9 anos)

– Nadia Drafate: Medalla de ouro en Asimétricas

– Candela Couce: Medalla de prata en Salto

– Sabela Bastida: Medalla de bronce en paralelas e Medalla de prata na clasificación Xeral (suma da puntuación dos catro aparatos)

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …