Loitado 13º posto de Inés Santiago no Europeo

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

Inés Santiago sumou un novo éxito na súa primeira temporada sub-23 ao ser 13ª no campionato de Europa sprint.

Cunha excelente natación e facendo unha rápida transición, a promesa do Triatlón Ferrol iniciou o ciclismo quinta, moi preto da cabeza de carreira.

Rodando en pelotón, a ferrolá soubo responder ao tirón das máis fortes. “Na segunda volta colléronnos dez triatletas, íase máis rápido, pensei que ía quedar pero aguantei”, resume Inés Santiago.

Baixando xuntas á segunda transición nun grupo dunhas vinte integrantes, a internacional do Triatlón Ferrol foi remontando e motivándose ao adiantar rivais para rematar en 13ª posición.

A calor limita a Marcos Ruiz no campionato de España por autonomías

Por 30 segundos non chegou a puntuar para Galicia o fenés Marcos Ruiz. Enfrontándose a rivais do máximo nivel nacional, o triatleta da Escola Javi Gómez Noya mantívose en posicións destacadas até que chegou o sector de carreira a pé, a máis de 30 graos e por asfalto, onde Ruiz sufriu para ser 55º da xeral e quinto mellor galego.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …