Inés Santiago e Melina Alonso disputan a Copa de Europa de Altafulla

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

Inés Santiago e Melina Alonso buscarán este domingo sumar novos puntos para o ranking mundial ao disputar a Copa de Europa de Altafulla.

Polo momento, as internacionais do Triatlón Ferrol ocupan o posto 168º, no caso de Santiago, e 173º, no de Alonso, achegándose ao top-150 do mundo.

Sobre o seu estado de forma, Inés Santiago competirá por segunda semana consecutiva a nivel continental despois do Europeo sprint. Pola súa banda, Melina Alonso chega un mes despois da Copa do Mundo de Madrid na que acadou os últimos puntos pero coa experiencia de probas previas en Altafulla. De feito, a ferrolá foi sexta na proba catalá de 2016 e, ao mesmo tempo, bronce do campionato mediterráneo de tríatlon.

Esta temporada a Copa de Europa de Altafulla, coa norteamericana Summer Cook como a máxima favorita, repite como cita na que se decidirá o título mediterráneo e desenvolverase o domingo desde as 11,15h en formato sprint.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …