Augas de Galicia constatou a erradicación dun punto de vertido no porto de Ares

Augas de Galicia comprobou a erradicación dun punto de vertido localizado no Porto de Ares tras anular o concello unha conexión irregular dunha fosa séptica coa rede de recollida de pluviais. Así, a intervención dos técnicos do organismo de conca adscritos ao Plan de control de vertidos, permitiu que a administración local asumise as actuacións necesarias para redirixir as augas residuais procedentes de diversas naves portuarias á EDAR de Chanteiro para a súa correcta depuración.

Así, tras varias inspeccións realizadas conxuntamente con Portos de Galicia e o Concello de Ares, Augas de Galicia puido detectar e facilitar a erradicación dun punto sensible da rede de saneamento local, que estaba a afectar á Ría de Ares-Betanzos. O problema foi detectado nun desaugue que recibía conexións de augas residuais xeradas na zona portuaria con destino á rede de pluviais.

Coa erradicación deste punto de vertido, danse por rematadas as actuacións que en materia de saneamento levou a cabo de Augas de Galicia na marxe norte da Ría de Ares-Betanzos co fin de mellorar o saneamento das poboacións de litoral e mellorar a calidade das augas das rías galegas.

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …