Eliximos Narón critica duramento o regulamento de participación cidadá do goberno local

Eliximos Narón  emitiu un comunicado no que se critica duramente o regulamento de participación cidadá que leva adiante o goberno local naronés.

No comunicado sinálase que «Cando propoñiamos unhas Directrices para a Consulta Pública da Normativa municipal, para que se deran a coñecer “as regras de xogo” co fin de mellorar o acercamento da cidadanía á acción da Administración Local, no supoñiamos que ía a acabar nun novo Regulamento disfrazado de “regulación da participación cidadá”.

O Tripartito preséntanos unhas directrices acordes cao súa liña de NON Traballo coas que pretende que as revisións da normativa se fagan unha vez “ao comezo de cada mandato Corporativo”, é dicir, unha cada 4 anos, xa é ir demasiado lonxe porque aínda que non contradí directamente a lei si o seu espírito. Inicialmente o borrador da lei marcaba facer anualmente as revisións, pero logo deixouse sen periodicidade fixa para non saturar o traballo administrativo. Esta liberdade, como sempre, hai quen a aproveita para fuxir o que pode das súas obrigas.

Tamén tratan de reducir o traballo quitando algunhas normas do Plan Normativo Anual, e limitar a participación cidadá as novas normas excluíndo a participación nas revisións, que son as máis frecuentes e as que máis afectan aos cidadáns (especialmente as ordenanzas fiscais).

Agora encontrámonos cun regulamento que incumpre as propias normas que quere regular, triste comezo. Pedimos a retirada do punto do orde do día para que se cumprise coa propia norma, pero o sentido común parece non acompañaba a ningún dos membros do Pleno e ninguén fixo caso. Logo aprobaron o Regulamento e hasta a “suposta” oposición encomiou o traballo de recortar os dereitos dos naroneses recoñecidos pola lei.

Tristemente isto e o que temos, así nos vai».

Lea también

Axenda en Narón do 13 e 14 de abril de 2024

Sábado 13 de abril de 2024 Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 …

Un comentario

  1. Yo veo mucho más centrada a la «supuesta oposición» con cosas que nos importan. A mi lo del reglamento este… me la XLXHXLXHXLXJ