Tres internacionais do Triatlón Ferrol, convocadas para o Europeo sub-23

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

Inés Santiago, Camila Alonso e Carmen Gómez veñen de ser convocadas pola federación española para competir no Europeo sub-23 que se celebrará en agosto. Desta forma, tres das catro seleccionadas compiten coas cores do Triatlón Ferrol.

Con citas internacionais e o campionato de España de tríatlon entre medias, Inés Santiago chegará nun espléndido estado de forma, mentres que Camila Alonso (xa nadando despois da súa lesión de ombreiro) e Carmen Gómez apuran a recuperación para continuar coas súas temporadas.

Queda demostrado que as mellores triatletas de España son ferrolás ou compiten co noso equipo. Sentimos que probas do nivel do Europeo sub-23 coincidan co noso XVII Tríatlon Cidade de Ferrol para poder velas competir na casa pero a súa progresión internacional é imparable”, recoñece o presidente do club, Cali Formoso.

A cita continental celebrarase o sábado 5 de agosto a nivel individual e o domingo 6, cos relevos mixtos, nova modalidade olímpica en Toquio 2020.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …