A CIG obtén novamente a maioría absoluta nas eleccións sindicais en Indipunt S.L

No proceso eleitoral desenvolvido este xoves, día 6,, na empresa INDIPUNT S.L, radicada no Poligono do Pozo en Narón, a Confederación Intersindical Galega ten acadado unha folgada maioría absoluta no Comité de Empresa.
A empresa que conta con 201 traballadores/as, pertence ao grupo INDITEX que posue a maioría do
seu accionariado.

Antes deste proceso a CIG contaba xa con maioría no Comité de Empresa, pois tiña cinco dos nove
delegados que conforman o Comité de Empresa.En concreto 1 representante polo Colexio de Técnicos e Administrativos e catro polo colexio de Especialistas.O resto do Comité o conformaban un representante de Técnicos da UGT e dous representantes de CCOO e un de UGT no colexio de Especialistas.

No proceso deste xoves, a CIG non só mantivo o delegado do Colexio de Técnicos, senón que aumentou
a súa representación no Colexio de Especialistas, pasando de catro a cinco representantes.Asi pois,
o novo Comité de Empresa queda conformado por seis integrantes da CIG, dous de CCOO e
1 de UGT.

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …