A escola Javi Gómez Noya será a máis numerosa no Tríatlon de menores de Cedeira

Equipo infantil – Triatlón Ferrol

Unha vez máis, non haberá canteira maior que a do Triatlón Ferrol con 24 promesas da Escola Javi Gómez Noya no Tríatlon de menores de Cedeira deste sábado.

Oito benxamíns, nove alevíns e sete infantís forman a expedición departamental, que contará coa ausencia dos cadetes xa que disputarán en Cataluña os campionatos de España de tríatlon e ácuatlon.

Para os canteiráns, a proba de Cedeira servirá de test previo ao campionato galego de menores que esta temporada volverá acoller Ferrol o próximo sábado 29 no porto de Curuxeiras.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …