Cabanas inicia a venda anticipada dos tickets para o xantar da Romaría de Santa Marta

A Concellería de Festas e Turismo de Cabanas anunciaba esta mañá que as persoas interesadas en tomar parte no xantar popular que se celebrará con motivo da Romaría de Santa Marta, a principal no municipio, xa poden adquirir os seus tickets de forma anticipada. Un xantar que terá lugar o domingo, 30 de xullo. Para iso, habilitáronse dous puntos de venda: a Oficina de Turismo, ubicada no parque do Areal, e a propia casa consistorial.

O menú deste ano estará composto por empanada, churrasco, cachelos, xeado, bola e café e o xantar celebrarase, como é tradición, nunha carpa habilitada ao efecto no entorno do piñeiral da Madalena. Haberá ambientación musical e o prezo do tícket é de 15 euros.

Lea también

Neda impulsa varias jornadas de puertas abiertas en la escuela infantil Os Pelegríns

El Ayuntamiento de Neda promueve durante la próxima semana varias jornadas de puertas abiertas en …