Valdoviño retirou nos últimos dous meses 34,9 toneladas de enseres abandoados sen previo aviso na vía pública

Zona azul en Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño informa que os veciños e veciñas do municipio teñen á súa disposición un servizo gratuíto de recollida de enseres a domicilio. É tan sinxelo como chamar ó teléfono 981 38 23 10 e, alí, comunicar o material do que un se quere desfacer. Os responsables do servizo porán entón día e hora para que os usuarios depositen a carga no colector máis próximo á súa vivenda. Normalmente, á tarde noite para evitar que a presenza dos enseres cause molestias se ocupa un espazo na vía pública e o impacto visual no entorno. Dende a Concellería de Servizos que dirixe Benito Vega lémbrase que a recollida non ten custe para a veciñanza, xa que o Concello financia ó 100% o servizo.

Pese a dispor deste servizo, practicamente a metade dos servizos realizados son de oficio. É dicir, traballadores municipais –da Concellería, Policía Local…- ou os propios concelleiros detectan a presenza de vertedoiros incontrolados e depósitos de enseres realizados na vía pública sen previo aviso ó servizo. Tamén se rexistran queixas veciñais alertando da presenza de refugallos no espazo público. No mes de maio, retiráronse 128 puntos, dos que 47 non se notificaran. E, en xuño, dos 109 puntos retirados, 44 tampouco foran comunicados. En suma, 34,9 toneladas de enseres recollidos fóra da comunicación oficial ó servizo.

Para combater esta situación, o concelleiro apela á concienciación e colaboración cidadá. Sinala que o camión de recollida admite dende sofás ata mobles. No caso dos electrodomésticos, e debido ós cambios normativos aplicados polo Goberno central, deben depositarse no Punto Limpo. E, ó respecto, o Concello de Valdoviño conta cun convenio de colaboración coas instalacións de Narón para facilitar que os seus veciños poidan acceder a elas sen custe.

Utilizando estes servizos, gratuítos para a veciñanza, mantense unha conducta respectuosa co medio ambiente, facilitando o tratamento dos refugallos.

Lea también

Inauguración en Fene de la exposición «Rostros da Memoria. Ferrol 1972»

  La plaza del 10 de Marzo, en San Valentín, Fene, acogerá a las 20.30 …