Narón habilita un área de información relativa ás posibles alegacións medioambientais ao borrador do PXOM para tramitalas a través da Xunta

O goberno local de Narón anunciou a habilitación dun servizo de información presencial exclusivo sobre alegacións medioambientais ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que permanecerá operativo os xoves de 10.00 a 13.00 horas na sexta planta do Concello. Un responsable do equipo redactor do PXOM será o encargado de atender durante as vindeiras semanas ás persoas que desexen realizar algunha consulta relacionada coas alegacións medioambientais ao Plan, tal e como subliñaron desde o equipo de goberno.

A Xunta de Galicia someteu a exposición pública o borrador do PXOM do Concello de Narón, abrindo o pertinente prazo para presentar alegacións medioambientais (avaliación ambiental estratéxica) ata o vindeiro 18 de setembro. As alegacións deben tramitarse na Xunta de Galicia, organismo competente na materia, se ben o borrador do PXOM pode consultarse a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, (a través do enlace: http://cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto).

Lea también

Neda mantendrá abierta la inscripción en la escuela infantil hasta cubrir vacantes

El Ayuntamiento de Neda ofrece a las familias la posibilidad de inscribir a nuevo alumnado …