O Ximnasia Ferrolterra participou no Campionato de España con grandes resultados

Ximnastas Promogym 3 no Campionato – Ximnasia Ferrolterra

O luns e martes participaron as nosas ximnastas de Promogym 3 e 1, no Campionato de España de Ximnasia Artística Feminina.

Non poden estar máis orgullosos dende ó Club das ximnastas promogyms 3 e 1: Paula Parada Rodríguez, Ainhoa Tenreiro Mosquera, Alba Iglesias Gómez, Judith Lago Varela, Tyesha Vicente Humpries e a pequena Icia Arroyo Álvarez.

Todas compitiron a un nivel altísimo en todo un Campionato de España, o primeiro ademáis no que participa o club nesta nova época, demostrando todo o que adestraron esta tempada.

E non sendo o principal obxetivo, coñecedores da dificultade que ten o Campionato de España pola enorme participación (103 ximnastas en promogym 3 e 67 en promogym 1). O luns Ainhoa Tenreiro Mosquera acadou unha terceira posición (medalla de bronce) conseguindo así a primeira medalla nun Campionato de España para o club, facendo un precioso salto; e o martes Icia Arroyo Alvarez, cun saber estar impresionante para a súa corta idade e controlando a perfección os seus nervios fixo o exercicio de asimétricas ao que ten acostumados sen cometer ningún erro acadando a segunda mellor nota o que, tras o desempate, levouna a obter a medalla de bronce con sabor a subcampionato, cerrando as dúas primeiras xornadas de maneira inmellorable.

Toca facer valoración da segunda metade da competición onde participaron as nivel 2 pequenas: Cintia Fernández Sanmartín e Tatiana López Rivas e as peques de nivel 1: Alba González Gorgullo, Lola Cainzos Díaz e Andrea Martín Iglesias.

O xoves Tatiana e Cintia debutaron nun campionato de España cunha grandisima actuación onde non debemos esquecer que as duas tiveron un cambio enorme ao pasar da categoria de promogyn 2 a nivel 2. Hai destacar a Tatiana en barra e paralelas onde como ten acostumados creceuse na competicion e fixo dous dos seus mellores exercicios obtendo unha enorme 25º posición en asimétricas e quedando na metade da tabla en barra nunha participacion de 85 ximnastas. En canto a Cintia destacar unhas paralelas que se non foran por duas caídas que fixeron mella na clasificación foron do mellor que realizou no ano.

No tocante ao nivel 1; as tres peques fixeron tamen unha gran competición aínda que houbera algún que outro nervio a flor de pel, algo lóxico tendo en conta tamén a progresión que tiveron as tres nun só ano. O ano que ven van dar moita moita guerra (sobre todo aos seus adestradores que van ter difícil seguir o ritmo destas tres torbellinos).

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …