A Concellería de Festas organiza un Obradoiro de percusión e danzas africanas este sábado no pavillón da Mocidade

A Concellería de Festas, dirixida pola edil Mar Gómez, programou unha nova actividade de ocio alternativo destinada a todos os públicos e enmarcada no programa “Móvete”. A cita terá lugar o vindeiro sábado, 29 de xullo, nas instalacións do Pavillón da Mocidade, na Gándara, e consistirá nun Obradoiro de percusión e danzas africanas que impartirá Mbolo Mooye Doolé, unha agrupación musical africana cunha gran traxectoria neste tipo de actividades e cuxo nome –en wólof, a lingua máis falada en Senegal- responde á consigna “A unión fai a forza”.

As persoas que desexen asistir deberán inscribise previamente, chamando a partir deste mércores, día 26, ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1075), en horario de 8.30 a 13.00 horas. O obradoiro é de balde e os participantes non deberán levar ningún tipo de material, ao facilitárselles ese mesmo día no horario de desenvolvemento da actividade, de 11.30 a 14.00 horas. Papis Koiate, Alboury Dabo, Tama Ndiaye e Doudou Ngom serán os encargados de impartir este obradoiro.

Esta proposta, tal e como apuntou Mar Gómez, “ofrece á veciñanza a posibilidade de realizar unha actividade mediante a que poderán coñecer máis polo miúdo algunhas das músicas e danzas propias da cultura africana a través dun grupo de profesionais da percusión e dos ritmos característicos deste continente”, destacou Mar Gómez. A edil animou á cidadanía a anotarse nesta actividade de ocio e cun marcado carácter intercultural, unha actividade “de balde para os veciños e veciñas e a través da que aprender algunhas das tradicións culturais doutros países”, apuntou.

Lea también

Entrega de premios en Ferrol a los ganadores del IV Concurso de Fotografía “Puerto y Ciudad”

Este viernes 19 de abril, tendrá lugar en Ferrol la entrega de premios a los …