O BNG considera un despropósito o novo sistema de transporte que empeza mañá

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera un despropósito a posta en marcha do novo plan de transporte da Xunta, previsto para a xornada de mañá, 8 de agosto, e que afecta a aos veciños e veciñas da zona rural do Concello que a día de hoxe non recibirón ningun tipo de información sobre os novos servizos e que esta a provocar a idefensión dos usuarios e usuarias do transporte publico, «que precariza o servizo e que conta co aval do goberno municipal«.

O BNG ten recibido nos últimos días queixas de veciños e veciñas da zona rural da nosa cidade: San Cristovo, Brión, Serantes ou Covas, que se están a atopar coa novidade de que a partir de mañá cambian os horarios dos servizos e ninguén lles esta a facilitar ningun tipo de información, tendo que recurrir en moitos casos a preguntar aos conductores do autobus coa información limitada que lles poden facilitar estes.

Para o BNG resulta unha paradoxa dificil de explicar que o novo sistema de transporte, que comeza a funcionar no dìa de mañá, se lle adxudicara de xeito directo à mesma empresa que renunciara a prestar este servizo no mes de maio por deficitario e que levaba anos reducindo constantemente servizos e abandonando rutas e que agora volva a asumir este servizo contando ademais co beneplacito do goberno municipal de Ferrol, que diante do inicio deste novo sistema, colaborou activamente coa Xunta e non informa aos veciños e veciñas da zona rural de Ferrol de como lles vai afectar os cambios previstos.

Para o BNG hai unha cuestión que é inasumíbel neste novo modelo de transporte que é a fusión do transporte regular e o escolar o que provoca que moitos dos supostos servizos ofertados non se implementarán até mediados do mes de setembro ademais das implicacións negativas que suporá que compartan autobus ecolares e demias usuarios o que o convirte nunha auténtica chapuza.

O BNG sinala que este novo sistema de transporte trae aparellado o aumento do tempo de viaxe en moitas liñas do transporte, incluido as do consello de transporte escolar, chegando nalgúns casos, como é a liña que da servizo a Doniños, Esmelle, San Xurxo ou Covas a unha hora de viaxe.

Asi mesmo sinala que os novos horarios e rutas previstas continuan se dar a acobertura necesaria para os usuarios de servizos de primeira necesidade como é a asistencia aos centros hospitalarios ou de saude. O Hospìtal Naval ten tramos horarios, de máis de duas horas, pola mañá nas que non contará con servizo de transporte ademais de que os usuarios e usuarias do centro de saude de Serantes non teñen posibilidade de traslasdarse ao mesmo coas frecuencias necesarias.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …