A Agrupación Instrutiva de Camouco organiza unha ruta guiada polos recunchos singulares de Redes

A Agrupación Instrutiva, dentro das súas actividades orientadas ádivulgación e documentación do patrimonio de Caamouco, organiza unha visita guiadapolas rúas e prazas de Redes o vindeiro 11 de agosto ás 19 horas.

Baixo o título Descubre con nós o Porto de Redes, a iniciativa percorrerá os recantos máis singulares da localidade, nunha ruta que se complementará coas explicacións de Ernesto López Naveiras, expresidente da AIC e un gran coñecedor da historia da vila.

Enfocada tanto para veciños como para visitantes, a actividade terá como punto de partida o centro social da Tenencia, onde ademais se proxectará o documental «Memorias dunha vila»

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …