Gonnaba e Peluquería Sixto lideran a clasificación do Torneo de Fútbol Sala OcioSol de Valdoviño

Cartel do torneo – Concello de Valdoviño

A piques de chegar ó ecuador da competición, Gonnaba e Peluquería Sixto lideran a clasificación dos seus respectivos grupos A e B. O primeiro, con dez puntos e a escasa distancia do Cortizán de Belgrado, que suma 9. En ambos casos, con catro partidos disputados. No caso de Peluquería Sixto, líder do grupo B, e tamén con 9 puntos e catro partidos, saca ventaxa de dous respecto ó segundo do seu grupo, o Amigos FS, con 7 puntos.

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, lembra que o pavillón municipal do Longoiro, sede do torneo, acolle partidos todos os días, en horario de 19 a 23 horas, e con entrada de balde.

Lea también

O Parrulo Ferrol busca recuperar sensaciones ante Caja Rural Atlético Benavente

O Parrulo Ferrol regresa a las pistas tras no poder jugar en la última jornada …