O III Trofeo Internacional de voley praia Lago de As Pontes tivo lugar o fin de semana

Podio da categoría masculina – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Este sábado, e domingo, ata as oito da tarde, celebrouse en As Pontes a terceira edición do torneo de Voley Praia, organizado polo Concello de As Pontes, a Federación Galega de Voleibol e o Aldebarán de San Sadurniño, co patrocinio de Gadis, Eroski e Abanca.

Na categoría Sénior Masculina venceron uns vellos coñecidos, os irmáns Monfort, Javier e Vicente, impoñéndose na final 21-16 e 21 -14 a Óscar Jiménez e Hugo Rojas. A terceira posición foi para Carlos Galego e Néstor González.

Na categoría Sénior Feminina venceu a parella formada por Cristina Imargues e Teresa Zunzunegui, que derrotaron no derradeiro encontro a Raquel Palma e Amparo Hopt por un dobre 21-16. Terceira praza para Rebeca González e María Triñanes.

Na categoría Amateur a primeira posición foi para Pérez/Cosío, por diante de Brandovski/Díaz e Ruiz/Celis.

En Cadetes, as parellas vencedoras resultaron Martín Vilar/Samuel Tembrás e María Pedreira/Laura Vázquez. O segundo escalón do podio foi para Ismael Fernández/Borja Casteleiro e Sandra Castro/Carlota Vilariño. Terceiros foron Daniel Basoa/Alejandro Castrillón e Alicia Viso/Xiana Cid.

Por último, en Alevín Mixto gañou a dupla de Hernán Pisos e Hugo Vilariño, que superaron a Lucía Vázquez e Valeria Acebes, segundas, e Natalia Méndez e Cecilia Pisos, terceiras.

Ó remate do evento, entregaron os premios ó tres primeiros clasificados de cada categoría o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e dous representantes do Aldebarán de San Sadurniño.

Podio da categoría feminina – Xosé Ferreiro

Lea también

Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total …