“Asaltos Musicais” en Valdoviño

Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O colectivo Pantinhaus, en colaboración co Concello de Valdoviño, levará a cabo durante esta semana, e en diferentes emprazamentos do municipio, “Asaltos Musicais”. Microconcertos sen previo aviso e, como o seu título sinala, a modo de “asalto”. Unha proposta cultural novidosa que, ó longo da semana, encherá de música espontánea diferentes espazos do termo municipal.

Sen aviso previo e para sorpresa de veciños e visitantes, poderán converterse en espectadores destes particulares microconcertos.

A iniciativa segue a senda doutras propostas culturais como o programa municipal “Escenarios Paralelos”, que promove o Concello, a través da Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación provincial a través da Rede Cultural. Un programa que leva o teatro, a maxia, a música… fóra da Casa da Cultura, a diferentes escenarios como capelas, lavadoiros ou parques infantís.

Lea también

O CIRS de Cervás de Ares, énchese polo Día Mundial do Teatro

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende …