ValdoFeira regresa este domingo pola mañá ó entorno da Porta do Sol

Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O entorno da Porta do Sol albergará este domingo, 27 de agosto, unha nova edición de ValdoFeira, o mercado mensual de Valdoviño. Un mercado que arrancaba o pasado mes de xullo con vocación de continuidade e que o público respaldou cunha afluencia masiva durante toda a mañá.

Este domingo, os postos de venda volverán a ofrecer os seus produtos dende as 9 e ata ben entrado o mediodía. Dende artesanía a apeiros de labranza, pasando por produtos da horta, textil, calzado, antigüidades…

O Concello de Valdoviño e a ACR Fevaldo colaboran na posta en marcha de ValdoFeira, que se celebrará os últimos domingos de cada mes.

Así mesmo, dende o Concello lémbrase que os comerciantes interesados en tomar parte deben presentar a correspondente instancia no Rexistro Xeral da bconsistorial.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …