Ferrol promocionará o Camiño Inglés entre os cruceristas neste outono

Oficina de atención o peregrino en Curuxeiras – Concello de Ferrol

O Camiño Inglés a Compostela ten o seu quilómetro cero no peirao de Curuxeiras, en Ferrol Vello, onde desembarcaban historicamente desde o Medievo os barcos para os camiñantes que chegaban do Norte e do centro de Europa pola vía marítima. Neste punto do noso concello iniciase no noso municipio unha peregrinación que cruza por outros 17 municipios da provincia.

Ano tras ano, a través das Oficinas municipais de Turismo nas prazas de España e no peirao, constatamos que esta vía de peregrinaxe ten mais tirón, demanda e afluencia e conta, aínda, con moito marxe de crecemento polo seu potencial turístico e económico, tal e como avalan as estatísticas. No 2016, dos 277.854 peregrinos que selaron o seu Compostela en Santiago, 9.703 (o 3,49%) fixeron o Camiño Inglés e practicamente o 98% (9.478) saíron desde Ferrol.

A Oficina de Atención ao Peregrino de Ferrol contabilizou un total de 2.694 peregrinos nos meses de xullo e agosto deste ano 2017. A súa procedencia foi mais internacional que estatal, destacando particularmente a presenza de italianos (800), seguidos de cidadáns de Reino Unido, Estados Unidos e Alemaña.

O Goberno de Ferrol estima que esta corrente ascendente na chegada de peregrinos a Ferrol pola vía do Camiño Inglés contribúe ao desenvolvemento económico da cidade e pula pola consecución dun albergue no antigo edificio de Aduanas, da fachada marítima tratando de implicar, tamén, a Deputación provincial.

Desde a Oficina de Atención ao Peregrino de Curuxeiras, apuntan que boa parte dos camiñantes que inician o Camiño Inglés na cidade adoitan facer noite nalgún hotel/hostal, ademais de facer compras e gasto nos establecementos de hostalaría do municipio, antes de lanzarse a percorrer os algo mais de 110 quilómetros do Camiño, a pé, en bici ou a cabalo.

A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, a través da Empresa Mixta, vai facer fincapé nos vindeiros meses na promoción do Camiño Inglés por distintas vías, unha das liñas de acción pasa por informar aos cruceristas sobre o Camiño Inglés, con guías oficiais de turismo ataviados ao xeito dos peregrinos como reclamo.

Esta actividade, que xa se probara con boa acollida nos días 5 e 27 de xuño, coincidindo cos escalas de Arcadia e Oriana, e vaise repetir nos días 8 e 22 de setembro coa pasaxe dos Adonia (1.100 persoas) e, novamente, do Oriana, que volve a recalar no porto de Ferrol.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …

Un comentario

  1. Me alegro de que por fin el gobierno municipal empiece a hacer promoción de uno de nuestros más importantes bienes culturales. Ahora sólo queda que se cuide y mejore el trazado para que la impresión que se lleven de la ciudad sea buena. Lo del albergue estaría bien, pero teniendo en cuenta que los que inician el Camino en Ferrol ya alojan en la ciudad hay que tener en cuenta que esos casi diez mil clientes potenciales para los negocios locales tendrán la opción de pernoctar de forma casi gratuita, y que muchos la elegirán.