Últimos días para anotarse no Curso Básico de DJ & Produción Musical en Valdoviño

A Concellería de Cultura de Valdoviño propón a veciños e veciñas a partir de 14 anos tomar parte no Curso Básico de DJ & Produción Musical. Organizado polo Concello e subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta, a actividade é completamente gratuíta.

Hai límite de prazas e, para anotarse, é preciso formalizar a preinscrición de luns a venres a partir das 10 horas no teléfono 981 48 76 66 ou de forma presencial na Casa da Cultura. O prazo remata o 20 de setembro.

Constará de 12 horas repartidas en 6 sesións con horario de tarde e a previsión é iniciar o curso a finais de setembro ou primeiros de outubro.

Lea también

Prosiguen en Valdoviño los encuentros vecinales, esta vez en la parroquia de Loira

Los encuentros vecinales en las parroquias se trasladan esta semana en Loira. El alcalde de …