Charla sobre alzheimer no local da asociación de veciños de Meirás

Instante da charla – AFAL

O local da asociación de veciños de Meirás, no concello de Valdoviño, foi escenario onte á tarde dunha das charlas sobre alzheimer que está a levar a cabo AFAL Ferrolterra ó longo do mes de setembro con motivo do Día Mundial da enfermidade. Unhas 20 persoas, entre as que se atopaban a concelleira de Servizos Sociais, Jessica Sabín, secundaron a convocatoria, na que as técnicas da asociación, Noelia Ríos e Rebeca Freire, abordaron a doenza, as súas características e síntomas ou tratamento, tanto farmacolóxico como non farmacolóxico. Tamén deron conta ós asistentes dos talleres para persoas afectadas que AFAL leva a cabo en Valdoviño. No local da Asociación Cultural A Frouxeira, próximo ó centro de saúde.

Neste sentido, a presidenta de AFAL, Ana María López, agradeceu a colaboración prestada pola AVV de Meirás para a realización da charla; da asociación A Frouxeira, pola cesión do espazo para desenvolver as terapias, e do Concello, polo apoio brindado en ambos proxectos.

As charlas divulgativas continuarán nas vindeiras semanas nos concellos de Pontedeume, Ares e Narón.

Lea también

Andainas saudables organizadas polo centro de saúde de Pontedeume da ASF

Un total de 25 persoas estreaban as andainas saudables organizadas polo persoal sanitario do centro de …