Valdoviño elimina a lista de espera no servizo de axuda no fogar para persoas dependentes de grao II e III

Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de sumar 95 horas de atención ó Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Comezarán a prestarse en cuestión de días, e as horas que ofrecerá a Concellería de Servizos Sociais Comunitarios ó abeiro da Lei de Dependencia chegarán ás 3.700. A medida permitirá incorporar unha nova persoa beneficiaria ó servizo, superando así os 80 veciños e veciñas.

Na práctica, isto supón que todas as persoas demandantes dependentes de grao II (fase moderada) e III (grandes dependentes) estarán atendidas, eliminando a listaxe de espera para estes colectivos.

Nesta liña, o rexidor destacou tamén que o Servizo de Axuda no Fogar que presta o Concello a través da Lei de Dependencia dá traballo a unhas trinta persoas, a maioría de Valdoviño e municipios da comarca. Un servizo que cofinancian Xunta de Galicia (a maior porcentaxe), Concello e usuarios. A través do mesmo, ofrécese unha axuda no día a día das persoas dependentes e máis das súas familias e coidadores. Así, o persoal leva a cabo atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas da vida diaria; atencións de carácter doméstico e da vivenda, e acompañamento persoal na realización doutras actividades complementarias. Actividades que se programan en función dos casos e das necesidades mediante o acordo dun proxecto individualizado.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …