O BNG responsabiliza da situación de Emafesa ao pacto PP-FeC

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a actual situación de EMAFESA «é produto do pacto entre o PP e Ferrol en Común para cargar coa xestión da depuración e a EDAR aos veciños e veciñas desta cidade«. As consecuencias deste acordo, según os nacionalistas, son :

– Que se lle exime de responsabilidade ao titular da infreastructura, que é a Xunta de Galiza.
– Que os veciños e veciñas desta cidade terán que asumir o coste da depuración doutros concellos como Narón ou Neda e a reparación e posta en funcionamento da depuradora.
– Que se lle entregue a EMAFESA a xestión do servizo sen contrato e sen estabelecer os termos de xestión de depuración para incrementar os seus ingresos.

Despois destas decisións o BNG considera que a «indiferencia do goberno municipal non fai máis que incrementar a gravidade e consecuencias da situación e por tanto ou ben escolle definitivamente o camiño emprendido co PP que responsabiliza aos ferroláns e ferroláas deste despropósito» ou «escolle a alternativa que o BNG lle leva ofrecendo desde o inicio do mandato» e que pasa por as seguintes propostas dos nacionalistas:

– Devolver a EDAR ao seu responsable
– Romper o contrato con SOCAMEX polos seus incumprimentos
– Fiscalizar económicamente e ténicamente o servizo.

O BNG considera que o «Concello de Ferrol tiña que ter acordado a retirada da concesión á parte privada de Emafesa«, polo abastecemento e a depuración, no verán de 2015 «cando afirmou que se estaba a cobrar por un servizo inexistente, como era a depuración, e cando se produciu a crise do auga que tivo a cidade sen abastecemento de auga potable durante varios días«.

No canto de iniciar este proceso, motivado por estes incumprimentos, «que tería que ter provocado a retirada das chaves a EMAFESA da depuradora, no canto disto o goberno non só non lle retirou a concesión nen a xestión a Emafesa senón que ademais permitiu que seguise desenvolvendo eses traballos a partir de 2016 cando o convenio asinado polo PP, no anterior mandato, con Augas de Galicia caducara«, sentenzan dende o BNG.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …