O BNG de Neda presenta unha moción para que Francisco Franco deixe de ser alcalde honorario do Concello

O pleno da corporación de Neda debatirá o luns unha moción do BNG para esixir que Francisco Franco deixe de ser alcalde honorario do Concello de Neda, unha decisión que se tomou no seu día en base a un acordo de carácter provincial de xullo de 1939. Na iniciativa ínstase tamén á Xunta de Galicia a recuperar o Pazo de Meirás para titularidade e uso públicos.

Os nacionallistas argumentan as súas peticións en base á Lei da Memoria Histórica e consideran que “só a decisión de que a Fundación Franco xestione as visitas ao Pazo de Meirás constitúe unha provocación, unha ofensa e falta de respecto tanto ás vítimas da ditadura como a Galiza no seu conxunto, é un escandaloso exemplo da impunidade con que se move quen fai apoloxía do
terrorismo fascista”, tal e como figura no escrito.

O BNG piden á Xunta que realice todas as actuacións para evitar que a devandita fundación
siga a ser quen xestione as visitas á que foi residencia de verán da familia Franco e a insta a esixir
que se cumpra co réxime de visitas ao BIC disposto na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. O
BNG tamén demanda da corporación de Neda o seu apoio tanto cara á “Xunta Pro da Devolución
do Pazo de Meirás” como ao Concello de Sada na súa demanda de xestionar o réxime de visitas
ao BIC Pazo de Meirás.

O pleno dará comezo ás 12.00. A sesión tamén servirá para aprobar, se procede, os días locais
festivos e as contas xerais do 2016.

Lea también

As Pontes renova os convenios con Aspanaes e a Residencia A Magdalena

O Concello das Pontes renovou este lunes 22 os convenios de colaboración con Aspanaes e …