Top-20 para Inés Santiago na Copa do Mundo de Huelva

Inés Santiago durante a proba – Triatlón Ferrol

Inés Santiago foi a mellor do Triatlón Ferrol na Copa do Mundo de Huelva ao lograr un 20º posto.

A ferrolá fixo unha natación espléndida e iso permitiulle meterse no grupo das líderes no ciclismo. Aguantou o tirón das máis rápidas pero, a falta de dúas voltas, á italiana Papais rompeulle o cambio na costa do percorrido e Inés Santiago caeu ao atopala no chan. Así perdeu o pelotón dianteiro pero, despois duns momentos recuperándose, volveu montar na súa bicicleta e seguiu pese a forte dor para cruzar a meta. “Puiden seguir aínda que me doía todo. Por sorte, estou ben, a italiana tivo que ir ao hospital”, relatou a triatleta formada na escola departamental.

Por detrás, Melina Alonso viuse lastrada por unha natación na que non se sentiu cómoda aínda sendo en praia, escenario que prefire. Iso retrasouna moito á chegada á primeira transición pero tivo confianza en recuperar posicións e finalizou 23ª.

Pola súa banda, Ana Carvajal caeu no ciclismo e Camila Alonso tivo que retirarse xa no segmento de natación porque sabía, antes de saír, que non recuperara forzas despois do Mundial sub-23 da pasada semana.

Lea también

El Ceuta viaja a Ferrol con el agua al cuello

Mateo Pintado El Racing de Ferrol vuelve a jugar en casa este sábado a las …