As irmás Alonso buscar máis puntos internacionais na Copa do Mundo de Weihai

Camila Alonso nunha proba – Triatlón Ferrol

Melina e Camila Alonso disputarán este sábado a Copa do Mundo de Weihai con posibilidades de facer top-15.

As medallas estarán moi caras para as internacionais do Triatlón Ferrol ao enfrontarse a rivais do talle de Emma Jackson, Felicity Sheedy-Ryan ou Yuliya Yelistratova.

Despois da Copa do Mundo de Huelva, Melina Alonso meteuse entre as 150 mellores do mundo ao escalar 11 posicións na clasificación internacional. Mentres, Camila Alonso buscará resarcirse na China da falta de enerxía que tivo despois de non recuperarse do Mundial sub-23.

A Copa do Mundo de Weihai celebrarase este sábado ás 10:45 horas –hora local- sobre distancia olímpica de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …