Adxudicada a construción do Circuito de Motocross do Concello de Cabanas

O Concello vén de adxudicar a construción do Circuito de Motocross no municipio de Cabanas. Unhas instalacións pioneiras na comarca que aspiran a converterse en referente da zona norte de Galicia, segundo explicou o alcalde de Cabanas, Germán Castrillón. A intervención, orzamentada nuns 25.000 euros, será financiada ó 100% pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte vía convenio de colaboración.

Así mesmo, o rexidor avanzou que os traballos comezarán nos próximos días. O circuito emprazarase nunha parcela municipal de 14.770 metros cadrados no polígono de Vilar do Colo e contará cunha pista de 672,25 metros de lonxitude e 8 metros de ancho, a excepción da saída, onde a pista terá unhas medidas de 50 de longo por 12 de ancho.

Trátase dun proxecto no que o Concello leva traballando moito tempo e que busca convertir a Cabanas nun referente do mundo do motor na provincia, ó dispor dunhas instalacións municipais onde os mozos e mozas poderán competir a prezos máis asequibles e que permitirá formar a pilotos de alto nivel, xa que o motocross é, xunto ó karting, a verdadeira escola do deporte base para o automobilismo deportivo.

Tras obter os correspondentes permisos –Patrimonio, Medio Ambiente ou Augas de Galicia-, o alcalde explicou que o Concello traballou para buscar a implicación doutras administracións na financiación da actuación. E esas xestións culminaron co citado convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …

Un comentario

  1. Luis María Taboada

    Señor Alcalde de Cabañas: Estoy alucinado.
    Acabo de leer que van a construir un circuito de motocross.
    Para empezar, hablan de un coste de 25.000 euros, cuando cualquier obra municipal, siempre es de cientos de miles.
    Y aún encima, que gracias a un convenio con la Xunta, su ayuntamiento no tendrá que poner un euro.
    Resumiendo, van a tener una pista que no hay, que yo sepa, en muchas ciudades de Galicia y gratis.
    A esto le llamo yo tener ideas y saber llevarlas a cabo.
    Por todo ello, mis felicidades por su gestión.
    Un cordial saludo, Luis María Taboada