Gran actuación do Clube Atletismo Fene na Coruña 10

Marcos Ruíz durante a Coruña 10 – Clube Atletismo Fene

Mañán solleira e perfecta para a práctica do running na Coruña a de hoxe para celebrar unha nova edición da Coruña 10. A representación do Clube Atletismo Fene estivo encabezada por Marcos Ruíz, que quedou campión en categoría xuvenil, e 9º na clasificación absoluta, cun tempo de 32:57 subindo, como fai dúas semanas, ao máis alto dun podium.

Pola súa banda, Alexandre García tamén amosou músculo en Coruña e logrou mellorar a súa MMP a 38:05, 49º clasificado na súa categoría e 167 na absoluta, e o que é mellor, colleitando boas sensacións para afrontar a Media Maratón de Valencia, a celebrar en dúas semanas na capital do Turia.

Sen case tempo para recuperar, tamén participou Melina Alonso, pois competiu onte pola tarde en Brión, acadando aínda así unha marca de 40:26, 8ª na súa categoría e 344 na absoluta.

Cabe salientar tamén a participación, tras superar unha lesión, de Xoan López Estraviz, acadando un tempo de 50:15 (173 clasificado na súa categoría e 1.527 na absoluta).

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …