«Percubebés» para crianzas de 0 a 4 anos na Biblioteca Municipal de Fene

Cartel de Percubebés – Concello de Fene

O ritmo que todos/as levamos dentro é necesario para o desenvolvemento da capacidade neuronal, da psicomotricidade e da coordinación. Ademais, é preciso en moitas outras facetas que nos imos atopar ao longo das nosas vidas, sobre todo nas artísticas, musicais e escénicas. Partindo desta premisa, a biblioteca municipal de Fene anuncia para este martes, 17 de outubro, o obradoiro-espectáculo “Percubebés”, dirixido a nenos/as de 0 a 4 anos. Desenvolverase de 18.30 a 19.15 horas, con entrada de balde (previa inscrición na biblioteca).

“Percubebés” é unha actividade na que “os miúdos aprenden, gozan e descubren o mundo das percusións e da arpa”. Segundo os seus artífices, Marcelo Dobode e Bea Martínez, este obradoiro “axuda a liberar tensións, alimenta a concentración e desenvolve a capacidade auditiva e creativa, o sentido do tempo e os reflexos dos/as pequenos/as, ademais de adentralos/as na nosa cultura musical”.

Para apuntarse a “Percubebés” cómpre achegarse pola Biblioteca Municipal de Fene en horario de 16 a 21 horas ou chamar nese mesmo horario ao teléfono 981 342 302.

Actividade organizada pola Concellería de Cultura de Fene no marco do programa Rede Cultural 2017 (Deputación da Coruña).

Lea también

La Filarmónica Ferrolana ofrece un concierto en el teatro Jofre

  Este jueves 25 de abril a las 20:30h, el teatro Jofre acoge el concierto …