Valdoviño leva o programa para maiores “+Vida” ás parroquias de Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa

Foto de familia dos participantes da anterior edición en Pantin – Concello de Valdoviño

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, reedita a súa aposta polo programa “+Vida”, dirixido ás persoas maiores do municipio. As sesións desta actividade, completamente gratuíta, celebraranse nas parroquias de Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa a partir do 7 de novembro, cunha periodicidade semanal.

Precisamente hoxe abríase o prazo de inscrición no programa. Así, as persoas interesadas en tomar parte poden anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da consistorial ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5-. O prazo remata o vindeiro 27 de outubro.

Con “+Vida”, o Concello busca crear un espazo no que recuperar o entusiasmo e a vitalidade das persoas maiores, gozando da compañía do grupo e compartindo actividades nas que moverse a través da risa e do corpo, cos conseguintes beneficios para a saúde. Entre as propostas que contempla para conseguilo: arterapia, risoterapia, movemento expresivo, xogos teatrais, conciencia corporal e mindfull.

As sesións celebraranse os mércores en Pantín ás 16 horas e en Vilaboa ás 18 h, e os luns ás 16 h en Meirás e ás 18 h en Sequeiro.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …