Ares e AFAL colaboran na posta en marcha de talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer

Visita a la playa de Ares – AFAL

O Concello de Ares e AFAL Ferrolterra colaboran na posta en marcha de talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias. O anexo ao Centro de Actividades Culturais acollerá mañá a primeira sesión e, a partir de entón, celebraranse dúas veces á semana –martes e xoves- por espazo de dúas horas –de 11 a 13-.

Con esta iniciativa, Concello e AFAL buscan fórmulas para retardar o avance da enfermidade e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade de vida dos veciños afectados e dos seus coidadores e familias. Trátase de obradoiros de estimulación cognitiva para veciños que teñen diagnosticada a enfermidade e que se atopan nunha fase inicial ou moderada. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, quixo destacar a implicación do Concello de Ares, que cede as instalacións e colabora coa iniciativa mediante un convenio.

A través dos mesmos, persoal especializado levará a cabo diferentes terapias para activar, estimular e adestrar as distintas capacidades e funcións cognitivas das persoas enfermas (percepción, atención, razonamento, abstracción, memoria, linguaxe, procesos de orientación e praxias). ¿Obxectivos? Traballar as capacidades residuais da persoa para evitar a frustración do enfermo, aumentar a súa autoestima e contribuír a pór freo ao avance da enfermidade. Esta terapia lévase a cabo mediante exercicios prácticos a nivel individual, e cun enfoque lúdico a nivel global.

Por último, sinalar que a matrícula continúa aberta no departamento municipal de Servizos Sociais para todas as persoas interesadas en participar ou recibir máis información.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …