O alcalde de Valdoviño aborda con Feijoo a cesión dalgúns tramos da AC566 e a dotación do servizo de auga potable en Pantín

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, mantivo onte en Santiago de Compostela unha xuntanza de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para abordar varios proxectos estratéxicos para o municipio e lograr así a colaboración institucional necesaria para sacalos adiante.

Entre eles, o rexidor planteou a necesidade de acometer as actuacións necesarias para mellorar a seguridade vial da estrada AC566, así como a cesión dalgúns tramos por parte da Xunta ó Concello. Deste xeito, Alberto González explica que o Concello podería actuar directamente e simplificaríase así a tramitación previa ás intervencións que se levasen a cabo.

Doutra banda, o alcalde solicitoulle a Feijoo a colaboración económica da Xunta para materializar o proxecto co que dotar do servizo de abastecemento de auga potable ás parroquias de Pantín, Loira, Vilarrube e Vilaboa. E, máis concretamente, planteou a implicación autonómica nunha primeira intervención, que se levará a cabo en Pantín: a construción dunha rede xeral dende a contorna do CPI ata o Ariño para, a partir desta, deseñar os ramais cos que estender o servizo a toda a parroquia.

Por último, presidente autonómico e alcalde abordaron proxectos en materia de servizos sociais. Ó remate da xuntanza, o rexidor valorou positivamente o encontro, no que Feijoo se comprometeu a estudar cada un dos proxectos de cara a establecer esa colaboración que demanda o Concello.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …