Camila Alonso volve á competición na Copa do Mundo de Salinas

Camila Alonso en competición – Triatlón Ferrol

Camila Alonso retoma a competición na recta final da temporada para disputar este domingo a Copa do Mundo de Salinas.

Despois dun top-15 na China e case un mes de adestramento, a canteirá do Triatlón Ferrol será a única española en Ecuador.

Na súa distancia favorita, a modalidade esprinte, Camila Alonso terá en fronte a rivais maioritariamente norteamericanas e mexicanas, coa canadense Jamnicky co dorsal número un. Por ranking, a ferrolá é a décima da lista de saída xa que, a día de hoxe, ocupa o 92º posto da clasificación mundial.

Lea también

El Ceuta viaja a Ferrol con el agua al cuello

Mateo Pintado El Racing de Ferrol vuelve a jugar en casa este sábado a las …