Camila Alonso, 17ª na Copa do Mundo de Salinas

Camila Alonso nunha proba – Triatlón Ferrol

Camila Alonso conseguiu un 17º posto na Copa do Mundo de Salinas despois de marcar o oitavo mellor tempo a pé.

A internacional do Triatlón Ferrol saíu da auga no segundo grupo que se formou en natación e, metida no pelotón ciclista, o grupo cabeceiro foi abrindo oco por falta de colaboración entre as rivais de Camila Alonso.

Tivo tempo de resarcirse a ferrolá porque na carreira a pé foi das mellores triatletas e así puido finalizar dentro do top-20 da competición no Ecuador.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …